Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ventos do suroeste poden impulsar a chegada de máis granulado plástico á costa

Os ventos do suroeste poden impulsar a chegada de máis granulado plástico á costa

As zonas máis expostas son a cara norte das Rías Baixas e o litoral da Coruña

A partir do martes, a situación vai empeorar no mar cun temporal de vento e ondas moi altas

G24.gal 14/01/2024 14:46 Última actualización 14/01/2024 16:31

Os ventos do suroeste, que van do mar cara á terra, soprarán desde hoxe ata o mércores na nosa costa, unha situación que segundo Meteogalicia fará máis doado que os granulados plásticos arriben ao litoral

"Ata o mércores os ventos predominantes van ser do suroeste, son ventos que van do mar cara á terra e combinado coa corrente superficial que vai do sur cara ao norte fai máis fácil que calquera obxecto que estea flotando sobre o mar se achegue ao noso litoral polo tanto é unha influencia que fai máis doado que o granulado poidan achegarse de novo ao noso litoral", explica Xoán Taboada, de Meteogalicia.

Segundo Meteogalicia, o temporal de vento que se agarda a partir do martes, con ondas moi altas, fará aínda máis complicado atopar os sacos no mar e incrementará o risco de que rompan. 

"O martes e sobre todo o mércores agardamos un temporal de vento bastante importante e significativo, o que vai facer que teñamos o mar bastante alterado, que teñamos ondas moi altas, o que en principio faría máis fácil que eses sacos puidesen romper. Non son grandes obxectos e por riba, cando o mar está alterado hai bastante escuma e penso que é complicado atopalos en mar aberto", asegura Xoán Taboada.

Debido ao cambio na dirección do vento, a cara norte das Rías Baixas e o litoral da Coruña serán as zonas máis expostas e, en menor medida, o litoral cantábrico.

Voluntarios recollen granulados plásticos na Coruña
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade