Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os virus respiratorios infantís adiántanse e xa están en fase de epidemia

Os virus respiratorios infantís adiántanse e xa están en fase de epidemia

Despois de dous anos de pandemia, regresan con intensidade a gripe e a bronquiolite

Os pediatras aconsellan vacinar contra a gripe os menores de cinco anos

G24.gal 21/10/2022 14:43

Gripe, bronquiolite, farinxite... os virus respiratorios regresan con forza ás consultas pediátricas, e fano xuntos e antes do habitual. Despois de dous anos de máscara e distancia, estes vellos coñecidos espalláronse con velocidade desde a volta ao cole de setembro. 

"Hai un aumento moi significativo dos casos, dobráronse as urxencias nas últimas semanas. O aumento é máis rápido e intenso do habitual e iso aumenta os ingresos hospitalarios e os ingresos nas UCI pediátricas", explica Lorenzo Redondo, pediatra do Hospital Clínico de Santiago.

Xa son máis de 50 casos por 100.000 habitantes, o limiar da epidemia, unha cifra que non adoitaba chegar ata finais de decembro. Para frear a cadea de transmisión e evitar complicacións nos máis pequenos, os pediatras aconsellan vacinalos contra a gripe o antes posible.

"Galicia iniciou neste momento a vacinación de nenos de entre seis meses e menores de 5 anos. É unha recomendación que habería que seguir, a vacina é segura e eficaz", engade o pediatra.

Ata o 31 de decembro, estes pequenos poden vacinarse con cita previa nos seus centros de saúde. Un xeito de protexelos a eles a tamén ás súas familias, xa que os cativos son grandes transmisores deste tipo de infeccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos