As delegacións de PSOE e JxCat xa están en Xenebra para a xuntanza deste sábado co verificador

A reunión forma parte dos acordos establecidos para a investidura do presidente do Goberno

O secretario de Organización do PSOE Santos Cerdán, nunha imaxe de arquivo (EFE) O secretario de Organización do PSOE Santos Cerdán, nunha imaxe de arquivo (EFE)
G24.gal 01/12/2023 21:04

O secretario de Organización do PSOE Santos Cerdán e a portavoz de Junts per Catalunya Míriam Nogueras chegaron este venres ao aeroporto de Xenebra, cidade na que este sábado os dous partidos celebrarán unha reunión que incluirá a presenza dun verificador internacional.

Nogueras e Cerdán declinaron facer declaracións ás cámaras e rexeitaron explicar quen será o verificador. A reunión forma parte dos acordos establecidos para a investidura do presidente do Goberno, e agárdase que acuda a ela o expresidente da Generalitat e líder de Junts Carles Puigdemont.

Polo momento descoñécese o lugar exacto e a hora desta primeira reunión PSOE-JxCat.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade