Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os xuíces que decidirán sobre a extradición de Assange retíranse a deliberar

Os xuíces que decidirán sobre a extradición de Assange retíranse a deliberar

 Este mércores remataron os dous días de audiencias en que a defensa e a fiscalía expuxeron os seus argumentos en contra e a favor da extradición aos Estados Unidos

 

G24.gal 21/02/2024 17:35

 O Tribunal Superior de Londres decidirá canto antes, nunha data non especificada, se autoriza a Julian Assange a seguir recorrendo no Reino Unido ou se, en cambio, pode activarse a súa extradición a Estados Unidos, aprobada polo Goberno británico en 2022.

Os xuíces Victoria Sharp e Adam Johnson retiráronse a deliberar tras concluír este mércores dous días de audiencias en que expuxeron os seus argumentos a defensa do australiano, que estivo ausente por enfermidade, e a Fiscalía británica, en representación da Xustiza estadounidense.

Os Estados Unidos reclaman a Assange por 18 delitos de espionaxe e intrusión informática polas revelacións do seu portal WikiLeaks, que en 2010 e 2011 expuxo presuntos crimes de guerra dese país nos conflitos de Iraq e Afganistán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade