Publicador de contidos
Publicador de contidos

Otero Lastres, galego no Real Madrid: "Aspas puido estar aquí, como estivo fichado Fran"

Otero Lastres, galego no Real Madrid: "Aspas puido estar aquí, como estivo fichado Fran"

O xurista e conselleiro do Tribunal de Contas falou do partido co Celta e avaliou a actualidade

G24.gal 01/04/2022 15:40

Por Zona mixta pasou un galego na directiva do Real Madrid, Xosé Manuel Otero Lastres, natural de Cee, para falarnos do Celta, do Real Madrid, de pasado e de presente e dos segredos internos do funcionamento dun club grande como é o branco.

Recoñeceu que desexará a mellor das sortes ao Celta este ano, pero tras este partido:

"Non podo influír en que non leven a Benzemá ou Lucas a Balaídos, eu non mando nada niso"

A profesionalidade nos grandes clubs

“O salto importantísimo que pegou o Real Madrid con Florentino Pérez foi a profesionalización, cun equipo que dirixe o club como se fose unha grande empresa”

“Estar con Florentino nunha xunta directiva é estar amparado por un dos empresarios máis importantes de España, é como ir en patinete”

“A directiva do Celta é espectacular. Carlos Mouriño é un luxo para o fútbol galego, é deses homes que hai que coidar”

Críticas ao Barcelona

"O Barça fixo unha xestión malísima, pero non podes ter deprimidos os xogadores e tes que ir xerando ilusión. Vexo dificilísimo que poida fichar xogadores que non veñan sen custo e aprazando os seus salarios”

Aspas puido ser madridista

"Iago empezou unha carreira fulgurante e marchou ao estranxeiro, pero sempre rendeu máis na terra, no seu Vigo"

“Cando empezaba, Aspas chamou a atención do Real Madrid pero cando marchou ao estranxeiro o Real Madrid xa non interferiu máis. Por suposto que puido vir ao Madrid, como no seu día estivo fichado Fran”

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar