Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense é a área sanitaria galega con máis incidencia

Ourense é a área sanitaria galega con máis incidencia

A metade dos casos activos de covid da provincia de Ourense están no concello da capital

G24.gal 18/11/2021 14:56

A incidencia en Ourense duplica a media do conxunto do país. Gromos familiares e sociais, tras a ponte do 1 de novembro e do San Martiño, están detrás do paulatino ascenso de contaxios, 412 este xoves.

A metade dos casos activos de covid da provincia de Ourense están no concello da capital. Preocupa a situación tamén do concello de Allariz, onde hoxe medraron a 44 os casos activos.

Hai un gromo nun colexio público con doce positivos. Soben os casos, pero baixan as hospitalizacións. 

Sanidade fai un chamamento á xente que aínda non se vacinou, e dá un dato, o risco de hospitalización sen a pauta completa triplícase.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos