Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense conta cunha nova área para autocaravanas que se suma ás máis dun cento que hai en Galicia

Ourense conta cunha nova área para autocaravanas que se suma ás máis dun cento que hai en Galicia

A idea xurdiu ao ver o gran número destes vehículos que chegaba cada semana a Ourense, especialmente ás zonas termais

G24.gal 18/07/2024 20:42 Última actualización 18/07/2024 21:14

Cada vez son máis os que optan pola autocaravana para aproveitar o seu tempo de lecer. Un xeito de viaxar que dá liberdade para elixir onde quedar pero que non sempre conta coas comodidades que precisan os usuarios.

Entran aí as áreas para autocaravanas para aqueles que buscan servizos e seguridade.

Apenas levan días abertos pero xa teñen os seus primeiros clientes. A idea xurdiu ao ver o gran número destes vehículos que chegaba cada semana a Ourense, especialmente ás zonas termais. 

"Viamos pasar todos os días moitas caravanas que estaban aparcadas na zona das termas de Outariz, o que pasa é que están todas aparcadas nunha zona de terra. Hai xente á que lle vale, pero hai xente que quere ter un servizo onde poder enchufar as caravanas, ter lavandería, baños, ducha", explica Suso Piña, de Auria Camper Park.

E iso é precisamente o que atopan en áreas coma esta que se acaba de inaugurar en Ourense.

"Case sempre viaxamos en áreas, imos ás áreas para o baleirado, para as limpezas. Cando baixas con nenos é mellor así, áreas que teñan cousiñas ou xogos, para ducharse, para lavar".

Contan que buscan servizos, pero tamén seguridade, como esta parella que leva sete meses viaxando en autocaravana por varios países. Din que é moi importante atopar infraestruturas nos países aos que viaxan porque precisan lugares seguros, e que este é un sitio bonito, seguro, novo e cómodo, que está moi ben.

Ademais unha aplicación móbil permítelles atopar áreas coma esta por toda Europa.

"Dáslle aquí, ves?, e saen as fotos da área, e aquí saen os comentarios".

Esta de Ourense foi unha das últimas en abrir as súas portas, pero existen máis dun cento de áreas para autocaravanas espalladas por toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar