Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense volve bater marcas de calor, con temperaturas por riba dos 30 graos

Ourense volve bater marcas de calor, con temperaturas por riba dos 30 graos

Rexistráronse 34,5 graos en Leiro e 33,9 na capital, as temperaturas máis altas en abril desde que hai rexistros

Foron tamén as temperaturas máis altas de España, só superadas polas illas Canarias

 

G24.gal 13/04/2024 14:16 Última actualización 13/04/2024 15:20

Aínda non deran as doce e o sol xa apertaba ás persoas que paseaban pola ponte vella de Ourense.

"Eu xa me puxen de primavera, porque o outro día case me derreto".

"Eu non aguanto a calor, mátame".

Con paraugas incorporado chegaba unha turista da India, marabillada cunha calor coa que non contaba nestas latitudes.

"Estou moi feliz de estar aquí en Ourense", asegura.

Ourense bateu na xornada de onte unha nova marca de calor: a máxima dun mes de abril, 33,9 graos. E en Leiro, algo máis, 34 e medio, a temperatura máis alta que houbo nunca en Galicia nun mes de abril.

"Con esta temperatura, firmaba todo o ano. Máis quente non, que abafamos aquí en Ourense", asegura un home mentres toma unha caña de cervexa nunha terraza.

Previsión

Para hoxe, as previsións son de ata 33 graos en Ourense cidade e por riba dos 30 en xeral na conca do Miño e en Valdeorras.

Será o luns cando volvamos a valores máis normais para a época do ano, con máximas entre 20 e 25 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade