Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ouro para Belén Toimil e bronce de Adrián Ben na última xornada do Campionato de España

Ouro para Belén Toimil e bronce de Adrián Ben na última xornada do Campionato de España

Gran concurso da mugardesa que se foi ata os 18,75

Adrián Ben foi superado no último intre por Ataoui e Canales

G24.gal 30/06/2024 17:08

Nos campionatos de España de Atletismo, os olímpicos galegos puxeron a proba o seu estado de forma. O domingo caeron tres medallas. Belén Toimil e a cubana asentada en Galicia, Yulemnis Aguilar, proclamáronse campioas. Adrián Ben acadou o bronce nunha disputada final dos 800.

A falta de 300 metros García seguía líder e Adrián Ben era segundo, pero o esprinte de Mohamed Ataoui nos últimos 100 metros foi incrible e xusto na liña de meta o viveirense perdeu o segundo posto e quedou a dúas centésimas de Josué Canales.

A lanzadora de Mugardos Belén Toimil exhibiu o seu poderío por riba dos 18 metros. O mellor lanzamento de Belén foi o cuarto. Nese intento mandou o peso a 18 metros e 75 centímetros, quedou a so cinco centímetros da súa propia marca. A mugardesa  logra o quinto título de campioa de España absoluta.

Competindo por primeira vez como española nuns campionatos de España, a cubana residente en Oleiros Yulenmis Aguilar ofreceu todo un espectáculo enviando a xavelina a case 60 metros: 59,85 foi o seu mellor lanzamento, o que lle permitiu lograr o título de campioa de España por diante de Carmen Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade