Publicador de contidos
Publicador de contidos

Outro equipo Pro Tour engádese ao Gran Camiño: o Ineos debutará en Galicia

Outro equipo Pro Tour engádese ao Gran Camiño: o Ineos debutará en Galicia

É o quinto equipo da máxima categoría que confirma a súa presenza

G24.gal 14/01/2024 14:48

A terceira edición de O Gran Camiño segue collendo forma. A proba, que se disputará entre o 22 e o 25 de febreiro, terá un novo equipo Pro Tour na rampa de saída. O presixioso Ineos, cun dos meirandes orzamentos do mundo do ciclismo, acompañará a Arkea, Groupama, Movistar e Visma como grandes alicientes da proba. 

No Ineos militan corredores como Egán Bernal, Filippo Ganna, Carlos Rodríguez, Geraint Thomas ou Pavel Sivakov, nomes de recoñecido prestixio internacional. Haberá que estar atentos para ver cal é a formación que traen ao Gran Camiño. 

O vindeiro sábado será a presentación dunha proba que comezará cunha contra o reloxo na Coruña, continuará coa tirada entre Taboada e Chantada por Lugo, logo a de Xinzo-Ribadavia en Ourense e rematará en Ponteareas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar