Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Iglesias urxe a Yolanda Díaz a que diga se vai querer ser candidata

Pablo Iglesias urxe a Yolanda Díaz a que diga se vai querer ser candidata

O exlíder de Podemos repróchalle a Díaz o trato que lle dá a Ione Belarra e Irene Montero e lémbralle que a fixeron vicepresidenta

Díaz evita o choque con Podemos e seguirá a súa folla de ruta

Pablo Iglesias non dá un paso atrás nas súas críticas a Yolanda Díaz
G24.gal 08/11/2022 14:28

A ferida está aberta e semella que non hai quen queira pechala. O día despois de pegar un golpe na mesa, Pablo Iglesias non dá nin un paso atrás con Yolanda Díaz e repróchalle o trato que lles dá a Ione Belarra e a Irene Montero.

Especialmente molestos están co mitin que deu en Valencia hai case un ano e no que non foron convidadas nin a actual Secretaria Xeral de Podemos nin a ministra de Igualdade. 

"Respéctanos, lembra que te fixemos vicepresidenta", espétoulle Iglesias nas últimas horas. En Podemos urxen a Yolanda Díaz a que se aclare canto antes e diga xa se quere ser candidata. Eles están preparados para seguir sen ela.  

Polo momento Díaz evita o choque e dálle ao botón de pausa. Non quere afondar nas desavinzas e seguirá coas presentacións de Sumar. 

Á vicerpresidenta saíron hoxe a defendela desde o seu partido. O voceiro de IU no Congreso non quere que a militancia de Podemos queira distanciarse de Yolanda Díaz e pecha filas con ela. 

O nivel de tensión entre Podemos e Díaz preocupa no PSOE que tamén apunta a Pablo Iglesias. "E triste ver como se están a facer a cama. Iglesias semella que ten máis poder agora que cando era o líder do partido", reflexiona o voceiro socialista no Congreso, Patxi López.

Os socialistas consideran clave ter un partido forte a súa esquerda para facerlle fronte o empuxe da dereita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade