Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Martínez volveu defender a Óscar Cano tras a última derrota

Pablo Martínez volveu defender a Óscar Cano tras a última derrota

O central tivo que ser substituído no descanso porque non vía "a máis de dez metros"

Foto @RCDeportivo
G24.gal 04/04/2023 12:29 Última actualización 04/04/2023 12:55

Xa o fixo despois de León e Pablo Martínez volveu defender a Óscar Cano:

"Vexo ao míster concentrado no obxectivo, como nós. Dános todo o que temos que facer no campo. Dígoo outra vez, nós estamos con el. El non xoga, nós somos os que estamos no campo. Despois de empezar gañando, pensei que esta vez si, pero despois de encaixar baixamos moito o nivel. É algo de mente, de cabeza". 

O francés lamenta unha nova derrota fóra:

"Cada semana é o mesmo e non cambia. É algo que doe. Quedan oito partidos e temos que mellorar fóra de casa se queremos ascender. Dóenos pola afección. Ves o campo así e non poder gañar… é unha sensación terrible".

O central tivo que ser substituído no descanso e explicou o motivo:

"Son hemicranias, pásame ás veces desde pequeno. Fixéronme moitas probas estes anos para saber de que vén… ás veces ao terminar un partido, ou cando teño moita calor, danme hemicrania oftálmica. Pero é a primeira vez que me pasa nun partido. Non vía a máis de 10 metros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos