Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paciencia únese á festa de Iago Aspas

Paciencia únese á festa de Iago Aspas

O de Moaña marcou cinco goles na malleira ao Al Shabab no Memorial Quinocho (6-0)

Gonçalo Paciencia aterrou, asinou, debutou e marcou o primeiro gol do partido

G24.gal 06/08/2022 21:39

Dicían que Aspas estaba demasiado só na dianteira. Onte chegou Gonçalo Paciencia. Asinou o contrato e, sen adestrar unha soa vez cos seus compañeiros, xa vestiu a camisola no equipo titular. O entendemento con Aspas foi total e o portugués marcou o primeiro gol do partido cun gran disparo cruzado. 

Estrea máis que satisfactoria para Paciencia pero o que vai seguir marcando a diferenza neste equipo é o Príncipe das Bateas. Iago Aspas marcou cinco tantos, fíxoos de todas as cores. O Celta marcou nove goles na pretemporada e oito levaron a sinatura de Aspas. Pasan os anos pero non perde o gol. 

Tamén debutou Marchesín como titular. Na defensa Kevin, Aidoo, Unai e Galán. Solari, Fran, Óscar e Cervi xogaron no centro do campo cos dous xa mencionados na dianteira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade