Cargando resultados...
Partido de alto risco na Malata entre Racing e Deportivo
G24.gal
04/12/2021 14:40
A pandemia forzou esta imaxe no pasado mes de febreiro. Sen público cando se volvían enfrontar o Rácing e o Deportivo na Malata en partido oficial despois de 19 anos.
Hoxe, será diferente. Máis semellante á Copa do 2002. A esencia do fútbol son as paixóns. As que mobilizan milleiros de persoas para animar o seu equipo. As que hoxe crearán ilusión entre racinguistas e deportivistas co mesmo obxectivo: que gañen os seus.
Os dous equipos chegan en bo momento. O Deportivo como líder, cunha vantaxe de tres puntos sobre o segundo. O Rácing, oitavo, a dous puntos da fase de ascenso. Tivo problemas como local, pero a últma actuación na Malata foi o 5 a 0 co Celta B.