Pasado e presente do Breogán analizan unha nova aventura europea
A Televisión de Galicia xuntou a Tito Díaz, capitán do equipo de 1985, e a Erik Quintela, o capitán actual do Breogán
En decembro de 1985, o Breogán estreábase en Europa cun capitán e un base lucense. Tito Díaz. Trinta e oito anos despois, o equipo volve a un torneo continental con outro capitán e director de xogo local, Erik Quintela. Os dous xuntáronse no Pazo para falar do pasado, do presente e do futuro breoganista na competición.
Tito Díaz. Director Xeral do Río Breogán:
"Non gañamos partido, pero a verdade é que foi unha experiencia moi boa. Eran equipos moi fortes, Estrela Roxa, que xogara a final da Copa Korac o ano anterior, DiVarese, que era o mítico Ignis de Varese, e Villeurbanne eran equipos moi fortes, era a segunda competición europea, pero a experiencia foi moi boa".
Erik Quintela, Río Breogán:
"Está claro que son tres rivais difíciles, pero para facer algo fácil quedabamos na casa; mellor xogar contra equipos duros e igualalos nesa dureza".