Cargando resultados...
Paso atrás do Burela na súa pelexa pola permanencia
En dez partidos de liga só logrou un punto
G24.gal
08/12/2021 13:50
O Pescados Rubén Burela deu un paso atrás na súa pelexa pola permanencia en Primeira División tras caer en Vista Alegre (0-2) ante un rival directo, o Industrias Santa Coloma, nun partido correspondente á décima xornada de Liga.
O equipo que prepara Alberto Riquer segue como pechacancelas e non suma puntos desde a primeira xornada, cando empatou co Zaragoza (3-3). É a outra faciana da entidade da mariña lucense. A faciana da tristura. Dez partidos de liga, un punto colleitado.
O Burela debe recuperarse da derrota pois visita o venres (20.00 horas) a outro rival directo, o Betis.