Paso de xigante do Arenteiro para acadar o ascenso de categoría
Paso de xigante do Arenteiro para acadar o ascenso de categoría
Gañou no campo do Valladolid Promesas e aumentou a vantaxe á fronte da 2ª RFEF
Que este Arenteiro non vai de broma sabémolo desde hai moitas xornadas. Pero diante do Valladolid Promesas deu un paso de xigante á procura do ascenso de categoría. Gañou por 0-2, sácalle doce puntos e a diferenza de goles ao seu adversario e con só trinta máis en xogo. Tamén lle favoreceu o empate do Compostela diante do Polvorín.
Javi Rey dispuxo un partido moi serio no que impediu os ataques do rival. Sabía que algunha ocasión ía chegar e apareceu no treito final da primeira parte. O gol de Escobar no 41 deulle moita tranquilidade aos do Carballiño.
Na segunda parte aumentaron a diferenza cun autogol de Kike Ríos e deixaron a sensación de non pasar apuros en ningún momento do encontro e de ter a situación sempre controlada.