Publicador de contidos
Publicador de contidos

Messow, director deportivo do Baleares: "A ver se temos outra gran noite contra o Celta"

Messow, director deportivo do Baleares: "A ver se temos outra gran noite contra o Celta"

Despois de eliminar en Copa o Xetafe, reciben os galegos con ilusión

Vinicius Tanque e Dioni, unha dianteira das mellores da 1ªRFEF

G24.gal 17/12/2021 15:01

Por Zona mixta pasou Patrick Messow, director deportivo do Atletic Baleares, próximo rival do Celta na Copa, que vén de eliminar o Xetafe da Primeira división por un contundente 5-0.

Encantados co sorteo

"É un orgullo estar no sorteo e encantados de recibir ao Celta. Certo que nos gustaría Barça, Madrid, Atlético, non hai moitas oportunidades na vida. A ver se temos outra gran noite contra eles. Contra o Xetafe saíunos todo perfecto, foi unha noite moi especial e un ambiente excepcional. Aínda estamos emocionados".

Descanso fronte a rodaxe

Messow: "Non xogar a semana anterior ao partido pode ser unha vantaxe, ou ao revés. O Celta virá máis rodado e en forma ca nós, se o pensas así. Ese día ímolo saber".

A mellor dianteira da categoría

Messow: "Non é só Vinicius Tanque, espero que contra o Celta soen como destacados moitos máis xogadores. Imos ver ao final de tempada se Dioni e Vinicius son a mellor dianteira da categoría".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade