Patxi López: "Junts terá que decidir se quere un goberno progresista ou de retroceso"
Patxi López: "Junts terá que decidir se quere un goberno progresista ou de retroceso"
O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista considera que "a situación respecto á investidura segue sendo a mesma"
O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso, Patxi López, asegurou este sábado que, "independentemente do voto CERA, a situación respecto á investidura segue sendo a mesma".
"As formacións políticas e, especialmente Junts, terán que decidir se prefiren un goberno progresista ou unen os seus votos a PP e Vox para que haxa un goberno de dereitas coa ultradereita, co que cada un destes gobernos significa e representa no que ten que ver co avance das liberdades e os dereitos ou o retroceso na aposta pola convivencia ou pola confrontación", explicou o exlehendakari en declaracións dende Andalucía.
Segundo engadiu, “tamén en como entendemos ou respectamos a diversidade e singularidade desde o noso país”.
Para o socialista, “no fondo é o que segue estando en xogo despois das eleccións do 23X onde a maioría da cidadanía dixo que non quería ningún tipo de involución”.