Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paula Badosa esmaga a Wang e xa está en cuartos do US Open

Paula Badosa esmaga a Wang e xa está en cuartos do US Open

A española esmagou este domingo a chinesa Yafan Wang

Paula Badosa celebra o pase a cuartos (EFE/EPA/SARAH YENESEL)
G24.gal 01/09/2024 20:31

Paula Badosa gañou o dereito a soñar en Nova York. A española esmagou este domingo a chinesa Yafan Wang, clasificouse para os cuartos de final do Aberto dos Estados Unidos e igualou así o seu mellor resultado nun 'grand slam'.

Nun momento impresionante de tenis e de forma física, Badosa, número 29 do mundo, deu un recital ante Wang (n. 80) e cantou vitoria por 6-1 e 6-2 nunha hora e 22 minutos.

A catalá enfrontarase por un posto nas semifinais a unha estadounidense: a que saia do duelo de oitavos entre Coco Gauff (n. 3 e vixente campioa do Aberto dos EUA) e Emma Navarro (n.12). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade