Sánchez a Junts: "Expulsar migrantes compite á Administración central"
Sánchez a Junts: "Expulsar migrantes compite á Administración central"
Nunha entrevista en El País, Sánchez cuestiona as declaracións de Junts sobre a inmigración en sentido contrario
Pere Aragonès sostén en La Vanguardia que a lei de amnistía "ha ser moi sólida" porque existe risco de boicot
O tema da inmigración é un dos referentes da entrevista a Pedro Sánchez no xornal El País. Cuestiona o que di Junts no sentido de que poidan expulsar inmigrantes ou dar permisos de residencia co traspaso de competencias nesta materia.
"As materias vinculadas coa expulsión dos migrantes están residenciadas na Administración Xeral do Estado. Se é que temos un pacto de migración e asilo asinado con Europa".
Sánchez anuncia unha lei para protexer os menores da pornografía en Internet. E sobre a votación agónica do mércores pasado no Senado admite que necesitarán paciencia e determinación cos independentistas.
"Eu díxeno sempre: en España, se non se asume a pluralidade política e a diversidade territorial do noso país, é non difícil senón imposible o poder gobernar".
No diario La Vanguardia, o presidente da Generalitat envíalle un recado a Junts sinalando que é un erro "mesturar inmigración con delincuencia". E sobre a lei de amnistía, actitude vixiante.
"A cuestión é que ha ser unha lei o más sólida posible, porque vemos que ten inimigos. E estes inimigos son moi poderosos a nivel do Estado español e tentarán boicotear a aplicación da lei no seu espírito e na súa forma".
En relación cos futuros presupostos xerais do Estado, Aragonès anticipa que Esquerra non asinou cheques en branco.