Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez comunícalle ao xuíz que investiga a súa muller que quere declarar por escrito

Pedro Sánchez comunícalle ao xuíz que investiga a súa muller que quere declarar por escrito

"É o meu deber preservar o sentido propio da institución", di

Begoña Gómez e a Fiscalía recorren contra a decisión de citar ante o xuíz a Pedro Sánchez

G24.gal 24/07/2024 09:38

O presidente do Goberno Pedro Sánchez enviou unha carta ao xuíz Juan Carlos Peinado, que investiga a Begoña Gómez, en que lle comunica que a súa declaración testifical do próximo día 30 de xullo deberá ser por escrito.

Na misiva, á que tivo acceso Europa Press, o xefe do Executivo asegura que na súa comparecencia "resulta imprescindible" a súa condición de presidente do Goberno e que por iso a súa comparecencia debe ser por escrito. "É o meu deber preservar o sentido propio da institución", di.

Nun escrito dirixido ao titular de Xulgado de Instrución número 41 de Madrid, con data deste mércores, ao que tivo acceso EFE, Sánchez sinala que este mesmo luns tivo coñecemento "a través dos medios de comunicación" da providencia do maxistrado, que o citaba a declarar en calidade de testemuña.

Segundo subliña Sánchez no escrito, a súa vontade, como non podía ser doutro xeito, é colaborar coa administración de Xustiza, sempre no marco do estrito cumprimento da Constitución Española e a lei que a todos vincula, a máxima garantía do Estado de Dereito.

"A fin de garantir o estrito cumprimento do ordenamentos xurídico e dadas as cuestións que son obxecto do procedemento, esa declaración debe producirse conforme ao establecido no artigo 412.2 da Lei de Axuizamento Criminal", sinala Sánchez.

Lembra neste sentido, que ese precepto prevé que por razón do seu labor como presidente do Goberno, a súa declaración deberá prestarse por escrito.

"É notorio que a miña comparecencia non pode escindirse da condición de presidente do Goberno", indica Sánchez.

E como xefe do Executivo, Pedro Sánchez asegura que ten o deber e a responsabilidade de cumprir a lei e de preservar o sentido propio da institución que representa por elección do Congreso dos Deputados.

Sánchez non ten dúbida de que o maxistrado compartirá a necesidade do máximo respecto ao marco constitucional e legal de España e, por tanto, ao establecido pola Lei de Axuizamento Criminal respecto á institución de Presidente de Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade