Pedro Sánchez declara este martes na Moncloa polo caso da súa muller
Pedro Sánchez declara este martes na Moncloa polo caso da súa muller
O xuíz que investiga a Begoña Gómez por tráfico de influencias e corrupción nos negocios desprazarase este martes ao Palacio da Moncloa onde prevé tomar declaración como testemuña ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ás 11:00 horas.
O maxistrado acordou que ao interrogatorio deben asistir as defensas dos tres investigados -Gómez, o empresario Juan Carlos Barrabés e o reitor da Universidade Complutense de Madrid (UCM), Joaquín Goyache-, o fiscal José Manuel San Baldomero, e a avogada de Vox, Marta Castro, en representación das acusacións populares.
A testifical celebrarase de maneira presencial pese ao intento de Sánchez, que solicitou declarar por escrito dado o seu cargo.
"É o meu deber preservar o sentido propio da institución". Sánchez incidía en que a Lei de Axuizamento Criminal diferencia entre a declaración dun presidente por feitos dos que teña coñecemento por "razón do seu cargo" ou por feitos alleos ao seu exercicio como presidente.
Sánchez é xa o terceiro presidente que foi citado a declarar como testemuña ante un xuíz durante o seu mandato.
Antes, o seu predecesor, Mariano Rajoy declarou como testemuña no xuízo da primeira etapa do caso Gürtel (1999-2005) que afectaba o financiamento irregular do PP, mentres que Felipe González compareceu en 1991 na fase de investigación do caso Marey.
Un pouco antes de que comece a declaración de Sánchez, outra das acusacións, Hazte Oír, organizou unha concentración na praza peonil da Facultade de Estatística, que se sitúa fronte a un dos accesos do recinto onde está a residencia do presidente do Goberno.
As acusacións populares son Vox, Hazte Oír, o Movimiento por la Regeneración Democrática, Iustitia Europa e Manos Limpias.