Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez pídelle á dereita que apoie os proxectos esenciais para o país

Pedro Sánchez pídelle á dereita que apoie os proxectos esenciais para o país

O secretario xeral do PSOE participou en Valladolid nunha presentación de candidatos

Os socialistas de Castela e León presentaron os candidatos das principais cidades
G24.gal 21/01/2023 14:21 Última actualización 21/01/2023 14:46

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE participou en Valladolid na presentación dos candidatos socialistas ás cidades principais de Castela e León. 

Pedro Sánchez dixo que quen queira ver o que podería ser un goberno de Feijóo e Abascal só ten que mirar para o Goberno do PP e Vox en Castela e León.

O secretario xeral socialista criticou a obsesión que, na súa opinión, teñen as dereitas cos dereitos da muller.

Sánchez pediulle á dereita que, diante de crises como a sanitaria, a territorial ou a creada pola guerra na Ucraína, apoie no Parlamento as iniciativas esenciais para o país.

"Pídolles que, aínda que sexa por unha soa vez, voten si ao decreto de Ucraína que defende a clase media e traballadora do noso país, que voten si á redución do IVE dos alimentos, que voten si á gratuidade do transporte público, que voten si ao incremento do ingreso mínimo vital, que voten si ás políticas en beneficio da maioría social do noso país".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade