Pedro Sánchez recoñece que estamos nun momento de incerteza económica
Pedro Sánchez recoñece que estamos nun momento de incerteza económica
Reyes Maroto achega unha mensaxe máis optimista e asegura que España pasa por un contexto de crecemento robusto
O Partido Popular presentará no debate sobre o Estado da Nación un paquete de medidas enerxéticas
A só uns días do Debate sobre o Estado da Nación, o presidente español volve falar de incerteza económica. Unha mensaxe que contrasta con voces optimistas dentro do propio Goberno.
Pedro Sánchez, nun acto sobre a España dixital, recoñeceu o momento de incerteza polo que está a pasar a economía española. Aínda así, e con expertos recoñecendo a posibilidade de recesión, no propio Goberno, a ministra de Industria Reyes Maroto negaba que España estivese nun contexto de recesión. Asegurou: "Estamos nun contexto de crecemento robusto".
No Partido Popular anuncian que levarán ao debate sobre o Estado da Nación unha serie de medidas para que o Goberno modifique a súa política enerxética a fin de facilitar a vida de familias e empresas.
E coa negociación aberta sobre o pacto de rendas, a CEOE pide a presenza do PP na negociación ao tempo que admiten estar abertos á suba de salarios pero sen chantaxes sindicais.