Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno declarará zona catastrófica a afectada polo incendio de Tenerife

O Goberno declarará zona catastrófica a afectada polo incendio de Tenerife

O presidente do Goberno anuncia en Tenerife a declaración de zona catastrófica no vindeiro Consello de Ministros (EFE/ Ramón De La Rocha)
G24.gal 21/08/2023 08:44

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, avanzou que en canto o incendio de Tenerife estea controlado o Consello de Ministros aprobará a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, o que se coñece como 'zona catastrófica'.

O xefe do executivo achegouse á zona afectada polo incendio, que polo momento ascende a 13.383 hectáreas, e trasladou este anuncio ás autoridades locais coas que se reuniu, encabezadas polos presidentes de Canarias, Fernando Clavijo, e do Cabildo de Tenerife, Rosa Dávila.

Sánchez garantiu que o Goberno "se involucrará" nos labores de reconstrución das zonas afectadas e na axuda ás persoas damnificadas polo lume, e proclamou que "toda España está con Canarias e con Tenerife".

"Estao agora e vaino a estar cando acabe, na recuperación e a reconstrución de todo o que o incendio ha devastado", subliñou. 

Sánchez agredeceu o traballo despregado dende as distintas administracións para combater o lume que afeca a illa e que aínda non está controlado. Asegurou que as próximas horas van ser moi importantes para ver se se da por estabilizado o incendio e destacou o comportamento cívico de toda a cidadanía da illa ante unha catástrofe desa magnitude.

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, viaxa este luns a Tenerife para visitar a zona afectada polo incendio que se orixinou o pasado martes na illa e que xa alcanza as 12.800 hectáreas calcinadas.

Segundo informou o Goberno nun comunicado, o xefe do Executivo en funcións estivo acompañado polo presidente das Canarias, Fernando Clavijo; o ministro de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Héctor Gómez, e o delegado do Goberno nesta comunidade autónoma, Anselmo Pestana, e desprazarase ao municipio tinerfeño de Arafo,  visitou o Posto de Mando Avanzado (PMA) para coñecer os labores de extinción do incendio por parte dos equipos despregados na zona.

Clavijo sobre o incendio de Tenerife: Non está controlado, pero pasou o peor

O presidente de Canarias, Fernando Clavijo, dixo que o incendio forestal, aínda non está controlado, aínda que afortunadamente "pasou o peor", se non ocorre ningunha outra "circunstancia anómala".

Os traballos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), xunto coas Brigadas de Reforzo de Incendios Forestais (BRI) e os equipos de intervención do Gobierno de Canarias centráronse esta noite no Sector Sur, concretamente en Arafo-Candelaria, onde se construíu unha liña de defensa para protexer a zona do Observatorio do Teide, en Izaña, e o barranco de Güimar.

Á pregunta de cando poderán volver ás súas casas os afectados polo incendio, dixo que xa onte unha parte puido volver e que confían en que hoxe, tras o voo de recoñecemento na zona nordés, poidan dar "boas noticias" a outra parte.

"Tivemos que manter algúns desaloxos por prudencia", explicou, tras lembrar que se trata dun incendio intencionado dunha "magnitude e unha potencia á que os propios técnicos din que xamais se enfrontaron".

Sobre a investigación aberta, o presidente canario evitou desvelar calquera dato, aínda que expresou o seu desexo de que a Garda Civil consiga localizar canto antes aos que o provocaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade