Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pellegrini gaña as presidenciais eslovacas e reforza o poder do Goberno filorruso

Pellegrini gaña as presidenciais eslovacas e reforza o poder do Goberno filorruso

Avoga por unha negociación con Moscova para poñer fin ao conflito, mesmo sen garantías de integridade territorial para Ucraína

Pellegrini tras coñecer os resultados Pellegrini tras coñecer os resultados
G24.gal 07/04/2024 08:25 Última actualización 07/04/2024 12:03

O político socialdemócrata Peter Pellegrini gañou este sábado co 53 % dos votos as eleccións presidenciais en Eslovaquia, por diante do seu rival, o europeísta liberal Ivan Korcok, segundo datos preliminares da Oficina Estatística.

Este resultado asegura a estabilidade da coalición gobernamental de populistas de esquerdas, socialdemócratas e ultranacionalistas, que lidera o veterano Robert Fico, o político que máis durou á fronte dun Executivo desde o nacemento do país en 1993.

"Mandamos un sinal de que a coalición se mantén estable", dixo Pellegrini tras o resultado, máis avultado do que se agardaba, e no que conseguiu case un 70 % máis de votos que na primeira volta, hai dúas semanas, na que quedou segundo tras Korcok.

Antes da votación, os analistas cualificaron estes comicios como un referendo sobre Fico. O seu Goberno, no poder desde o pasado outono, deu unha viraxe radical na política exterior, deixando de fornecer armas a Ucraína e asegurando que Kíiv é en parte responsable da guerra.

Avoga por unha negociación con Rusia para poñer fin ao conflito, mesmo sen garantías de integridade territorial para os ucraínos.

Ademais, emprendeu medidas controvertidas, como a eliminación da Fiscalía Especial Anticorrupción, e outras que lembran as políticas de control dos medios de comunicación e das ONG que leva a cabo o Goberno do ultranacionalista Viktor Orbán en Hungría.

Voto nacionalista 

Pellegrini logrou mobilizar o voto máis nacionalista, que foi parar na primeira volta a Stefan Harabin, o terceiro candidato que obtivo máis votos entón, cunha mensaxe antiotan e de retórica prorrusa.

O socialdemócrata tamén logrou mobilizar a principal minoría étnica do país, a húngara -un 10 % da poboación-, que apenas participaron na primeira volta, e agora fixérono en masa.

"Agradezo ás minorías étnicas a súa confianza, é a miña misión non decepcionalos. (...) Serei un presidente que respecta o encadre internacional, os intereses do país e dos seus cidadáns, e que fará todo o posible para apoiar ao Goberno para que cumpra o seu programa", dixo Pellegrini.

Ivan Korcok confesou sentir unha Ivan Korcok confesou sentir unha "gran decepción"

"Gran decepción"

O perdedor, Ivan Korcok, confesou sentir unha "gran decepción" polos resultados, e tivo palabras duras co seu rival, que o acusou durante a campaña de querer enviar soldados eslovacos a Ucraína.

"Fíxome un candidato da guerra e non esquecerei iso", aseverou o experimentado diplomático, que tras coñecer o veredicto das urnas repetiu que o seu rival se dedicou a "expandir mentiras e odio".

Para o diplomático, que mellorou o número de votos nun 30 %, estes comicios foron "decididos polo medo", e criticou tamén que o equipo do seu rival privatizase "o patriotismo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade