Máis de 5.200 traballadores están acollidos aos ERTE en Galicia
Máis de 5.200 traballadores están acollidos aos ERTE en Galicia
Máis de 100.000 empregados están en ERTE en toda España
Os sectores relacionados co turismo son os máis afectados
En Galicia hai neste intre 1880 expedientes de regulación temporal de emprego en activo que afectan a máis de 5.200 asalariados. Empregados que están estes días moi pendentes do que aconteza cos ERTEs relacionados coa Covid a partir do 28 de febreiro. Entre os máis afectados están as axencias de viaxe. Un de cada tres afiliados a este sector aínda segue cunha suspensión total ou parcial de emprego. Máis de 10.000 traballadores en toda España. Piden que se prorroguen estes expedientes extraordinarios pola Covid ou que se habilite algunha medida de transición para non deixar a ninguén descolgado. Din que, como noutros sectores ligados ao turismo, a súa actividade aínda está moi lonxe da que había antes da Covid.