Pequenos e maiores reforzan a convivencia no Centro Interxeracional de Ourense tras a pandemia
Pequenos e maiores reforzan a convivencia no Centro Interxeracional de Ourense tras a pandemia
Trátase do único centro deste tipo que hai en Galicia e está xestionado pola Xunta
As actividades conxuntas teñen beneficios físicos e cognitivos para os maiores ademais de melloran a súa autoestima mentres lle transmiten valores e sabedoría aos máis pequenos
Usuarios do Centro de Día e da Escola infantil conviven neste Centro Interxeracional. Aquí todo está pensado para fortalecer o vínculo entre pequenos e maiores. Tralo distanciamento obrigado pola pandemia, neste novo curso retomaron as actividades conxuntas. Comparten horas de xogo, o coidado da horta, intercambia aloumiños ou axúdanse en tarefas como abotoar o mandilón ou colocar os babeiros no comedor.
Unha convivencia que beneficia física e psicoloxicamente tanto a uns como a outros. Os maiores séntense máis útiles e iso mellora a súa autoestima mentres os pequenos aprenden a importancia da convivencia entre xeracións e adquiren os valores e a sabedoría que dan os anos.