Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pibe marca sobre a hora e o Arenteiro segue a soñar co ascenso

Pibe marca sobre a hora e o Arenteiro segue a soñar co ascenso

A vindeira xornada terán un partido decisivo no campo do Valladolid Promesas

G24.gal 25/02/2023 21:07

O Arenteiro mantén a chama do ascenso prendida despois de gañar sobre a hora diante do Palencia (1-0) cun gol de Pibe. 

Sabíase que o rival ía ser un partido moi duro polos seus datos, un dos conxuntos menos goleados de todos os grupos da Segunda Federación. No primeiro tempo case non houbo ocasións. 

Na segunda metade abriuse o partido, o Arenteiro arriscou e dispuxo de ocasións. Tamén á contra o Palencia tivo as súas pero atopou un Diego García moi inspirado. Pibe foi o xogador que levou máis perigo durante todo o encontro e atopou o gol no minuto 84 nun lanzamento de falta que non tocou ninguén e acabou no fondo a rede. 

Os do Carballiño chegan aos 50 puntos, teñen garantida a salvación pero o ascenso directo está cada vez máis preto. A vindeira semana afrontan un partido decisivo diante do Valladolid Promesas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar