"As mafias poden aproveitarse das boas intencións dun traslado de refuxiados"
"As mafias poden aproveitarse das boas intencións dun traslado de refuxiados"
Pilar Cancela, secretaria de Estado de Cooperación Internacional: "A solidariedade hai que encamiñala ben, a través das canles oficiais da Unión Europea"
"Podemos buscar información nas institución públicas, comezando polos concellos"
"En España en xeral, e Galicia en concreto, somos un país tremendamente solidario. É marca de país"
Nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega con Kiko Novoa, a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela, explicou a mellor forma que ten a cidadanía de canalizar a axuda humanitaria a Ucraína. Advertiu de que esta debe facerse "a través das canles oficiais da Unión Europea para asegurar que chega ao seu destino, e evitar que as mafias se aproveiten das boas intencións dun traslado de refuxiados". Desde Galicia estamos vendo moitas iniciativas individuais para trasladarse ás fronteiras de Ucraína a recoller persoas que foxen da guerra, o cal desaconsella o Ministerio de Exteriores.
Cancela destacou que "en España e Galicia somos tremendamente solidarios, é a nosa marca como país", e recordou as canles oficiais para axudar e buscar información "en todas as institucións públicas, comezando polos concellos".