En marcha o plan de alivio da carga administrativa dos centros de saúde
En marcha o plan de alivio da carga administrativa dos centros de saúde
Habilitouse o teléfono 881-540-045 para a xestión das PCR
As farmacias galegas emitiron en xaneiro un millón de certificados covid
Descargar de traballo e carga burocrática os centros de saúde galegos é o obxectivo do plan que o Sergas está a desenvolver desde xaneiro. Por exemplo, habilitouse un teléfono para tramitar as PCR, é o 881-540-045.
Xa permitiu xestionar máis de 18.500 PCR. Houbo 138.000 probas nas unidades de cribado e os covid auto galegos realizaron 131.000 PCR. Tamén se seguen facendo tests de antíxenos nas farmacias.
Tamén emiten pasaportes covid malia o custo en toner e papel, nesta botica de Balaídos imprimiron 1.000. No Nadal tiñan un mostrador só para este trámite. Fano de xeito altruísta, nunha situación que precisa do compromiso de todos.
Os clientes, sobre todo, os maiores agradecen estes servizos.
En total as boticas galegas emitiron nas últimas tres semanas un millón de certificados covid. Tamén están a facer un gran labor divulgativo, tranquilizador e de acompañamento durante todo este tempo de pandemia