Publicador de contidos
Publicador de contidos

O fútbol español tínguese de ouro

O fútbol español tínguese de ouro

Aitana Bonmatí e Rodri levaron o premio de Mellor Xogador

O Barcelona foi o mellor equipo feminino e o Real Madrid o masculino

Lamine gañou o de mellor xogador novo e Jenni Hermoso o Premio Sócrates

G24.gal 28/10/2024 22:28

Case houbo pleno español na Gala do Balón de Ouro. Os premios máis importantes leváronos Aitana Bonmatí, o de mellor xogadora, e Rodri, mellor xogador. Bonmatí gañouno por segundo ano consecutivo e Rodri é o segundo futbolista español en logralo, despois do coruñés Luís Suárez. 

Aí non quedou a cousa, porque os dous mellores equipos do mundo foron o Real Madrid masculino e o Barcelona feminino. O premio ao mellor xogador novo levouno Lamine Yamal e o premio Sócrates á deportividade gañouno Jennifer Hermoso. 

O Real Madrid estivo presente noutros dous premios. O de mellor adestrador, con Carlo Ancelotti, e o de máximo goleador, gañado por Mbappé e Kane cos mesmos goles. Pero a noticia saltou antes da gala, ao coñecer o club español que Vinícius non ía ser nomeado como mellor xogador do mundo e decidir cancelar o avión en que ía unha expedición de cincuenta persoas do club branco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos