Podemos arrefría a candidatura de Yolanda Díaz o día despois de pedirlle respecto
Podemos arrefría a candidatura de Yolanda Díaz o día despois de pedirlle respecto
A idea é ir en coalición con Sumar, pero din que escoitarán as súas propostas cando remate de organizar o partido
Pablo Iglesias fai públicas as discrepancias coa súa examiga coma nunca as verbalizara antes
Tremor na relación entre Podemos e Yolanda Díaz. O día despois de pedirlle respecto, os morados xa non dan por seguro o seu liderado nunha hipotética candidatura conxunta.
Din que escoitarán as súas propostas cando remate de organizar o seu partido. "É Yolanda quen debe dicir se vai ser candidata ou non", responde hoxe o voceiro de Podemos, Javier Sánchez Serna.
Sánchez Serna reivindica que o seu partido "é a forza transformadora" e a principal forza do espazo de Unidas Podemos.
Iglesias, moi duro co Díaz
Polo momento a tese oficial segue a ser que queren unha coalición con Sumar, pero a realidade é que hai moitas dúbidas. Pactar significa repartir poder. E aí é onde hai que enmarcar o golpe enriba da mesa que protagonizou onte Pablo Iglesias na clausura do foro ideolóxico de Podemos.
Iglesias pediu respecto a Sumar e, por extensión, a Yolanda Díaz, e lembroulle que pensar que a unha candidatura de esquerdas lle irá ben se a Podemos lle vai mal é de "estúpidos".
Iglesias volve así a asumir un rol protagonista en Podemos para axustar contas coa súa antiga amiga e lembrarlle quen apostou por ela.
Polo momento Yolanda Díaz limitouse a sinalar que segue a traballar no seu proxecto e que "está a deixar a pel polo seu país".