Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos segue sen confirmar a súa asistencia ao acto da candidatura de Yolanda Díaz

Podemos segue sen confirmar a súa asistencia ao acto da candidatura de Yolanda Díaz

A presentación terá lugar en Madrid este domingo

O líder do PP cre que Sánchez e Díaz teñen un acordo "para enterrar politicamente a Podemos"
 

G24.gal 31/03/2023 15:03

A tirapuxa entre Yolanda Díaz e Podemos chegou ata Pequín, onde os xornalistas lle preguntaron a Pedro Sánchez se preside unha coalición ou un tripartito. "Eu goberno unha coalición", aclarou o presidente.

E é que, durante toda a semana, mantiveron o pulso, e, a dous días do acto, Podemos segue sen confirmar a súa asistencia á presentación da candidata de Sumar ás eleccións xerais. Poñen unha condición, que Díaz asine con eles un pacto para que as listas se escollan por primarias.

"Cremos que é unha proposta facilmente aceptable, de mínimos, que, ademais, encaixa co que publicamente dixeron outras organizacións políticas, incluída Sumar, respecto ao procedemento, que debe ser primarias abertas á cidadanía", dixo a secretaria de Organización de Podemos, Lilith Verstrynge. 

Pola súa parte, os socialistas desexan "que a confluencia entre Sumar e Podemos se produza o antes posible" xa que, en opinión do ministro da Presidencia, Félix Bolaños, "sería bo para o noso país e para a esquerda en xeral".

Pero o exsecretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, deixa caer que o PSOE non é imparcial, que impulsa a figura de Díaz mentres opaca a de Ione Belarra, por exemplo, ao non deixarlle presentar a lei de familias na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Para o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, "hai un acordo entre o presidente do Goberno e a vicepresidenta segunda, que nomeou Podemos, para enterrar politicamente a Podemos".

A presentación de Sumar tamén abriu unha crise interna en Podemos. Varias agrupacións, como a galega, a asturiana ou a navarra, apoian o acto de Díaz, e critican a postura da dirección nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos