Publicador de contidos
Publicador de contidos

Poels gaña no Montblanc e Vingegaard mantén o liderado

Poels gaña no Montblanc e Vingegaard mantén o liderado

G24.gal 16/07/2023 23:11

O Tour chegou ao Montblanc e coroou un veterano como Poels. Primeira vitoria nunha etapa dunha gran volta aos seus 35 anos. 

Etapa mítica, data sinalada e outra xornada accidentada. Cun afeccionado que se meteu na estrada e tirou con dous Jumbo: Kuss e Van Hooydonck.

Xornada de ataques e fuxidas. Unha delas deu co gañador de etapa. Mais o interese sempre estivo por detrás. Co Emirates tratando de meter a Yates no podio e ao tempo preparar o final de etapa para Pogacar. Con Carlos Rodríguez amosando que aos seus 22 anos xa é unha realidade. E con Vingegarrd sempre co ollo en Pogacar. O ataque de Pogacar chegou no quilómetro final. Tarde. E non supuxo problema. Vingegard aguantou e chegaron xuntos.

Na xeral, Vingegard mantén o liderado con dez segundos sobre Pogacar. E Carlos a terceira praza, mais agora só con 19 segundos sobre Yates.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos