Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica nos EUA porque un vixilante non afrontará cargos por matar un mozo negro trans

Polémica nos EUA porque un vixilante non afrontará cargos por matar un mozo negro trans

A fiscalía de San Francisco considera "razoable" que o garda disparase ao mozo

Publicouse o vídeo das cámaras de seguridade do comercio en que se ve a agresión mortal

Indignación e protestas nos EUA pola morte violenta do mozo, afroamericano e trans

G24.gal 16/05/2023 08:47 Última actualización 16/05/2023 09:20

Polémica nos Estados Unidos porque un garda de seguridade dunha tenda non afrontará cargos por matar un rapaz de 24 anos, ao entenderse que valorou que a vítima realizara un movemento perigoso.

As autoridades fixeron públicas as imaxes das cámaras de seguridade do comercio, en que se ve como o garda dispara mortalmente a Banko Brown cando xa marchaba.

Tanto a difusión desta secuencia completa como a valoración dos feitos da fiscalía de San Francisco previsiblemente avivarán as protestas que se estenden por todo o país pola morte deste mozo, transxénero e afroamericano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade