Polémica na Coruña polo uso dunhas hortas urbanas que serán urbanizadas
Polémica na Coruña polo uso dunhas hortas urbanas que serán urbanizadas
O Concello di que os terreos teñen que quedar libres antes do 30 de setembro, porque a zona vai ser urbanizada
Máis dun cento de usuarios ameazan con non cumprir con esa data ata que non lles habiliten un novo espazo
Hai polémica na Coruña polo uso dunhas hortas urbanas. O Concello di que os terreos teñen que quedar libres antes do 30 de setembro, porque a zona vai ser urbanizada. Máis dun cento de usuarios ameazan con non cumprir con esa data ata que non lles habiliten un novo espazo.
Pura é das máis veteranas nas hortas urbanas da Agra do Orzán. Ten 92 anos é di que para ela é a mellor medicina. O mesmo que pensa Manuela, que ata se emociona ao falar de que a súa afección agora pode ter os días contados.
Son máis dun cento de usuarios aos que o Concello xa comunicou que teñen de prazo ata o 30 de setembro para abandonar o espazo. A zona vai ser urbanizada. E por iso teñen que trasladarse a uns novos terreos que aínda non están preparados.
Para deixar constancia da súa posición, xa presentaron recurso ás cartas que recibiron hai máis dun mes comunicándolles esa data na que teñen que deixar estes terreos. Aínda non hai resposta. Din que o cambio tería que facerse de maneira gradual, e o que si teñen claro é que non pensan marchar ata que as novas hortas estean operativas.