Polémica por un comunicado de apoio a Israel en que non está España
Polémica por un comunicado de apoio a Israel en que non está España
Francia, Italia, Alemaña, o Reino Unido e os Estados Unidos asinaron un comunicado conxunto para amosar o seu apoio a Israel
O líder do PP Alberto Núñez Feijóo pídelle explicacións a Sánchez
Francia, Italia, Alemaña, o Reino Unido e os Estados Unidos asinaron un comunicado conxunto para amosar o seu apoio a Israel. Unha declaración na que non está España. O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, pídelle explicacións a Sánchez. O Goberno en funcións insiste en que hoxe se asinará unha declaración europea e que o Goberno defende sen fisuras a paz en Oriente Medio.
O Goberno en funcións non explicou por que non asinou ese comunicado conxunto. Sinalan que esta tarde os ministros de Exteriores da Unión Europea farán unha declaración cunha única voz.
Feijóo fala de discrepancias entre os socios de Goberno e pide a comparecencia de Sánchez. O Goberno pídelle a Feijóo seriedade e prudencia. Dende Sumar insisten en que condenan o atentado de Hamas, pero apuntan que non pode haber dobre vara de medir coas vítimas. O BNG non se pronunciou sobre os atentados, pero si participou nunha concentración de apoio ao pobo palestino.
O Goberno insiste en que non se pode confundir a sociedade palestina cun grupo terrorista e reclamarán que se manteñan as axudas.