Un cento de países comprométense a triplicar as enerxías revovables en 2030

Os Estados Unidos queren unha electricidade limpa de CO2 para 2035

John Kerry anuncia a integración dos EUA na alianza para abandonar o carbón
G24.gal 02/12/2023 13:59 Última actualización 02/12/2023 16:48

Os Estados Unidos e outros seis países intégranse na alianza mundial contra o carbón como fonte de enerxía. A decisión foi comunicada este sábado no cumio sobre o clima que se celebra en Dubai.

O enviado especial norteamericano no cumio, John Kerry, foi o encargado de anunciar que os Estados Unidos abandonarán gradualmente o carbón como fonte de enerxía.

A decisión estadounidense foi apoiada, ata o momento, pola República Checa, Chipre, a República Dominicana, Islandia, Kosovo e Noruega. Kerry sinalou que o obxectivo é ter un cen por cento de electricidade sen emisións de CO2 en 2035. 

Por outro lado, un total de 123 países asistentes ao cumio comprometéronse a triplicar a capacidade mundial de enerxías renovables para 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade