Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o autor do tiroteo e Serbia que deixou oito mortos

Detido o autor do tiroteo e Serbia que deixou oito mortos

O segundo tiroteo en dous días deixa ademais unha decena de feridos

A Policía busca o autor do ataque casa por casa

As autoridades considérano un acto terrorista

G24.gal 05/05/2023 05:51 Última actualización 05/05/2023 20:40

Sucedía a pasada noite en tres aldeas do concello de Mladenovac, no distrito de Belgrado. Un mozo de 21 anos disparou en plena rúa cunha arma automática.

As últimas informacións dos medios locais sitúan en oito os mortos, entre os que habería polo menos un adolescente, e en catorce os feridos, dous graves.

Segundo eses mesmos medios, o atacante realizou os disparos desde un coche en movemento e fuxiu. Algúns apuntan a posibilidade de que o acompañasen dúas persoas, unha das cales sería abatida pola Policía.

As autoridades mobilizaron arredor de 600 efectivos de distintos corpos policiais, incluída unha unidade antiterrorista e lograron deter o atacante, de 21 anos de idade, nos arredores da cidade de Kragujevac, a uns 140 quilómetros de la capital.

Segundo tiroteo en dous días

O tiroteo produciuse un día despois doutro rexistrado nunha escola de primaria da capital en que un alumno matou oito compañeiros e un garda de seguridade. Dous dos feridos permanecen en estado crítico.

Malia a ter leis moi estritas, Serbia é un dos países onde en proporción hai máis armas en mans de particulares: 39 de cada 100 persoas recoñecen que as teñen na casa, con datos dunha enquisa de 2018. Moitas gárdanas das guerras en Croacia, Bosnia e Kosovo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade