Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos nove mortos nun tiroteo dun grupo armado nun porto pesqueiro de Ecuador

Polo menos nove mortos nun tiroteo dun grupo armado nun porto pesqueiro de Ecuador

Ao parecer foi un grupo armado dedicado á extorsión que tentaría xerar pánico entre a poboación

G24.gal 12/04/2023 08:30

Polo menos nove mortos e un número indeterminado de feridos rexistrouse nun porto pesqueiro do municipio de Esmeraldas, a capital da provincia do mesmo nome, no noroeste de Ecuador e fronteiriza con Colombia, segundo confirmou este martes a Fiscalía do Estado.

O feito ocorreu cando un grupo armado abriu fogo contra pescadores que cumprían os seus labores habituais no pequeno porto. De momento, non se precisaron hipóteses oficiais sobre o suceso, pero en redes sociais estiman que se trataría dun grupo armado dedicado á extorsión, que tentaría xerar pánico entre a poboación co obxectivo de que se sometan ao pago das coñecidas como "vacinas", que son unhas cotas en pagamento por seguridade, ou extorsión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade