Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iraq confirma a morte dunha persoa no ataque contra a base dun grupo proiraniano

Iraq confirma a morte dunha persoa no ataque contra a base dun grupo proiraniano

Outras oito persoas quedaron feridas na explosión rexistrada a 80 quilómetros de Bagdad

G24.gal 20/04/2024 08:38 Última actualización 20/04/2024 13:19

As autoridades iraquís confirman que unha persoa morreu e oito quedaron feridas na explosión rexistrada este sábado nunha base militar da influente agrupación xiíta proiraniana Multitude Popular, con presenza do Exército do país árabe.

A base Kalsu está situada a 80 quilómetros de Bagdad. Alberga cuarteis do Exército e da Policía iraquís e da milicia Multitude Popular. Este grupo proiraniano atribuíuse nos últimos meses o lanzamento de drons e proxectís contra Israel e contra bases con presenza estadounidense.

Dende o inicio da guerra en Gaza, Washington atacou varias bases dos movementos Al Nujba e Kataib Hizbulá, considerados terroristas polos EUA, como resposta ás súas agresións a posicións norteamericanas en chan iraquí.

Relación de Iraq cos EUA

Iraq é aliado da Casa Branca pero non recoñece o Estado de Israel. En varias ocasións, criticou os ataques estadounidenses no seu territorio, ao considerar que "prexudican a súa soberanía".

Bagdad tamén iniciou negociacións cos EUA para planificar a saída das tropas estranxeiras do país árabe que poña fin á misión da coalición internacional contra o grupo terrorista Estado Islámico (EI) tras unha década de operacións.

Buraco provocado polo ataque Buraco provocado polo ataque
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade