Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos dous mortos por disparos dun suposto terrorista no centro de Bruxelas

Polo menos dous mortos por disparos dun suposto terrorista no centro de Bruxelas

Un home armado cun abriu fogo e fuxiu, segundo confirmaron fontes policiais

O número de feridos aínda está sen confirmar

A Policía Científica no lugar dos feitos A Policía Científica no lugar dos feitos
G24.gal 16/10/2023 21:22 Última actualización 17/10/2023 03:19

Polo menos dúas persoas morreron este luns por disparos dun home que abriu fogo a última hora desta tarde en Bruxelas e fuxiu, segundo confirmaron fontes policiais, que sinalaron tamén a existencia dun número aínda non precisado de feridos. 

O suceso rexistrouse no Bulevar d'Ypres cando un home vestido cunha chaqueta fluorescente de cor laranxa baixou dunha moto e disparou unha "arma de guerra", segundo o xornal Sudinfo. A información do tiroteo foi confirmada pola policía e o voceiro dos bombeiros de Bruxelas, Walter Derieuw, quen indicou que a "avaliación non é moi precisa neste momento" sobre as circunstancias en que se desenvolveron os feitos.

Nun vídeo gravado por unha testemuña, que circula en redes e que reproduce o xornal deportivo DH, vese ao home chegar só nunha moto de pouca cilindrada, a tira ao chan e comeza a disparar rapidamente a persoas na rúa.

Medios de emerxencias no lugar dos feitos Medios de emerxencias no lugar dos feitos

O atacante, que leva un casco branco, persegue a varias persoas que tratan de refuxiarse nun edificio acristalado ás que dispara. O home disparou tamén a dúas persoas que estaban nun taxi e despois deuse á fuga na moto, segundo algúns medios.

Os falecidos son de nacionalidade sueca, hoxe celebrábase en Bruxelas un partido entre as seleccións nacionais belga e sueca. As primeiras informacións falan tamén de máis cidadáns feridos. A policía aínda busca ao autor do tiroteo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade