Cargando resultados...
Pontevedra é a única cidade de Galicia sen hospitalizados por coronavirus
G24.gal
14/11/2021 17:08
Das sete cidades galegas, Pontevedra é a única que non ten hospitalizados por coronavirus. Unha boa nova que na rúa se recibe con moita cautela.
Unha situaión moi diferente á de hai un ano. En novembro de 2020 comezaba a preocupar a presión hospitalaria, con máis de 70 ingresados nesta área sanitaria, e cidades coma esta entraban no nivel máximo de restricións.
Un ano despois, esta área sanitaria ten 95 casos activos e só un ingresado en planta no hospital do Salnés.
Outra boa nova é que en todos os hospitais da provincia de Pontevedra non se rexistran ingresados en UCI, aínda así, debemos seguir protexéndonos do virus.