Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra acollerá en 2023 as finais do Mundial de Tríatlon

Pontevedra acollerá en 2023 as finais do Mundial de Tríatlon

O organismo recoñeceu que este evento "é a xoia da coroa do calendario anual"

G24.gal 18/11/2021 11:28

Pontevedra acollerá en 2023 as finais do Mundial de Tríatlon, a cita onde se coroarán os campións mundiais das categorías Elite, Sub-23 e Paratríatlon, segundo confirmou este xoves a Unión Internacional de Tríatlon (ITU).

O organismo recoñeceu que este evento "é a xoia da coroa do calendario anual" e a cidade galega collerá a substitución de Abu Dabi, escenario elixido en 2022, e únese a cidades como Londres, Budapest, Pequín, Auckland (Nova Zelandia) Chicago (os Estados Unidos), Gold Coast (Australia), Lausana (Suíza) e Edmonton (O Canadá).

"Estamos encantados de que Pontevedra, que demostrou ser unha anfitrioa fantástica de múltiples deportes no calendario mundial de tríatlon, agora reciba aos mellores triatletas do mundo para as Finais do Campionato Mundial en 2023", celebrou a española Marisol Casada, presidenta da ITU.

 

Polo Zona Mixta da Radio Galega pasou o actual líder da proba, Antonio Serrat que destacaba que a nova "alegroume o día" e que é "a gran cita da distancia olímpica", sinalando a importancia de que veña a Galicia

Sen coñecemento das datas

Sinalaba a importancia da época do ano na que se corra: "A ver en que datas se produce porque o clima vai ser moi importante. Se podo participar, estarei preparado a nivel psicolóxico porque coñezo moi ben a carreira"

“É a gran cita do tríatlon en distancia olímpica, o mundial sempre se decide na última proba”

Un escenario único

Serrat comentou na Radio Galega unha posibilidade que lle gustaría: "Igual retoman a carreira a pé polo casco vello de Pontevedra, como en 2011. Xa como espectador é moi emocionante. Oxalá poida correla tamén. Pontevedra desde Gómez Noya é moi coñecida e este evento vai facer moito porque aínda o sexa máis e en varias categorías"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade