Cargando resultados...
Pontón pídelle a Rueda que negocie a condonación da débeda de Galicia
Pontón pídelle a Rueda que negocie a condonación da débeda de Galicia
Segundo dixo Pontón, ascende a máis de 14.200 millóns de euros
G24.gal
18/09/2024 13:06
Ana Pontón asegura que a negativa de Rueda a negociar con Pedro Sánchez unha quitación da débeda da nosa comunidade, que, segundo dixo, ascende a máis de 14.200 millóns de euros, é unha irresponsabilidade.
"Estamos falando dos cartos da xente deste país, dos impostos dos galegos. É inaudito e un despropósito que o señor Rueda diga que non vai negociar unha condonación da débeda, pídolle que rectifique e que non poña os intereses do PP por riba dos intereses de Galicia".