Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia enfrontarase a España despois de eliminar a Portugal por penaltis

Francia enfrontarase a España despois de eliminar a Portugal por penaltis

Nun partido moi discreto dos dous equipos (0-0), decidiu o fallo de João Félix

G24.gal 05/07/2024 23:15 Última actualización 05/07/2024 23:46

Francia e Portugal, dous dos equipos con máis talento de toda a Eurocopa e que están a amosar un fútbol que está moi lonxe do agardado. O enfrontamento de cuartos de final era un dos duelos máis agardados e acabou sendo un espectáculo difícil de dixerir. Quitando a emoción lóxica da pelexa por un premio tan grande como unha semifinal da Eurocopa o partido só ten unha palabra; decepcionante. 

Apenas houbo ocasións, tomáronse moi poucos riscos. As estrelas de ámbolos dous equipos están lonxe do nivel que amosaron ao longo da temporada. Nin Mbappé, substituído na prórroga con molestias nasais, nin Cristiano Ronaldo, coa alarmante falta de gol que está amosando no torneo, deleitaron aos moitos seareiros que agardaban unha noite de fazañas dos seus ídolos.

Todo quedou resumido a unha quenda de penaltis. Aí Francia amosouse infalible anotando os cinco lanzamentos. En Portugal fallou o discutido João Félix e Diogo Costa foi incapaz de parar ningún.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos