Portugal alcanza unha nova marca de cribados á poboación
Portugal alcanza unha nova marca de cribados á poboación
A Dirección Xeral da Saúde fixo máis test non últimos 20 días que en todo o verán
O sábado comeza a vacinación dos menores de 12 anos
Portugal alcanzou esta pasada fin de semana unha nova marca de persoas ás que se lles fixo unha proba para determinar se están infectadas de Covid-19. En concreto, o venres día 10 de decembro fixéronse 197.718 probas, das que 140.000 foron de antíxenos. Dos resultados tirouse unha positividade do 3,1%.
Desde que a pandemia chegou a Portugal, a Dirección Xeral da Saúde ten contabilizado que se fixeron 22 millóns de test, sen incluír as probas de antíxenos que os cidadáns poden facer nas súas casas. Portugal foi un dos primeiros países da Unión Europea en ter dispoñibles estas probas non só nas farmacias, senón tamén en supermercados.
A media de positivos diarios detectados na última semana está entre os 3000 e os 3500 e subindo. Aínda así, a presión asistencial é moi baixa e tampouco preocupa a cifra de falecidos por causa do coronavirus que continúa estable.
Este luns chegaron as primeiras vacinas infantís ao país e agárdase que comecen a administrarse o vindeiro sábado día 18 de decembro.