Cargando resultados...
Portugal quere recuperar o control de fronteiras durante a visita do papa en agosto
Portugal quere recuperar o control de fronteiras durante a visita do papa en agosto
Grande-Marlaska reúnese en Lisboa co seu homólogo luso para estudar as medidas de seguridade
Os concellos da raia temen a repercusión do control fronteirizo pola visita do Papa
G24.gal
12/05/2023 14:57
Última actualización 12/05/2023 15:22
O Goberno luso estuda repoñer o control de fronteiras durante a semana do 1 ao 6 de agosto, coincidindo cos actos do Día Mundial da Xuventude, tal e como fixo hai seis anos durante a visita do pontífice a Fátima.
Daquela, máis de 20.000 galegos víronse afectados polas restricións, e os concellos fronteirizos temen que nesta ocasión o impacto sexa maior por cadrar en verán.